
Ti que en catro ou cinco versos
enches todo coa túa cor.
Con lamentos e suspiros
que din que foi un erro.
Cando eran parte nosa,
entre esperanzas e amor.
Sexan dous ou sexan catro,
coas mans cheas de dor.
Sen piedade pois non houbo
case tempo para escoitar
ós que berran, ós que calan,
ós que non poden falar.
Non é só unha vergoña,
non é só por catro ou dous.
É que ninguén puido evitalo
e ninguén pediu perdón.
Sen defensa, sen virtude
e sen tempo para pensar
mil ofensas castigadas
coa forza dos que están.
Coa forza dos que sempre
miran alto para non ver.
Coa forza dos que esquecen
empregada outra vez.
Avelainha "Catro ou cinco"
| avelaiña - catro o... |
www.avelaina.com
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada